Your Watchlist could be bigger.

Add any movie or show from anywhere with your free Plex account.

Saudade de ti

Season 1

A tragic accident in the town of Abrente on the night of the Carme festivities in which two people die shakes the lives of three families and forces Celia, daughter of one of the deceased and a doctor by profession, to take over her father, the consultation of the town and of all the surrounding patients, while trying to close the wounds caused by the incident. Soon the bad tongues start to spread rumors and the three families will have to heal the wounds and try to adapt to the new reality.

Where to Watch Season 1

60 Episodes

  • 1
    E1
    1A noite en que a vila mariñeira de Abrente celebra as festas do Carme un tráxico accidente leva por diante as vidas de Uxía Eiroa, unha moza que ía co seu prometido, e de Olga Otero, a doutora da vila, que viaxaba cun home que non era o seu marido. O accidente provoca a volta de Celia Eiroa á vila. A filla da doutora axiña descobre que a morte da súa nai deixou, en certo sentido, orfos a todos os doentes de Abrente, pero tamén unha morea de incógnitas que lle indican que quizais non coñecía a súa nai tan ben como ela cría. A desgraza vai poñer patas para arriba a vida de tres familias, que terán que afrontar o día a día mentres tratan de curar as súas feridas.
  • 2
    E2
    2A Gaspar danlle a alta e Raúl, o fillo, recibe a chamada dun hotel en que ao parecer se aloxou seu pai. A Mónica estráñalle todo iso e non dubida en indagar nas misteriosas viaxes do seu sogro. Brais pretende conquistar a Noa utilizando os seus encantos de surfeiro, a pesar de que a Elba non lle chisten moito as intencións que ten coa súa curmá. Celia non consegue que a situación co seu pai mellore. El non leva nada ben a morte de Olga... nin os seus enganos.
  • 3
    E3
    3Isidro está ingresado no hospital por mesturar alcol cunha medicación que non sabe ninguén de onde a sacou. Celia non ten dúbidas. Para ela a culpa é de Santi. Noa atopa unha fotografía dedicada na que aparece a súa nai cando era nova bicando un misterioso mozo. Agora que teñen no seu poder o colgante de Olga, Mónica e Raúl non dubidan en utilizalo para chantaxear a Gaspar e así conseguir o control da empresa.
  • 4
    E4
    4Noa pode atopar na foto a resposta dunha pregunta que se leva facendo toda a vida.Mentres Dimas trata de ocultar un gran problema coas contas da empresa, o plan que teñen Raúl e Mónica atópase cun impedimento: Raúl terá que traizoar a súa muller para que Adela lle perdoe a Gaspar.O posto da súa nai parece que estaba agardando por Celia, pero ela dubida sobre se o seu futuro está realmente en Bilbao ou en Abrente cos seus.
  • 5
    E5
    5Celia e Noa preparan a súa volta a Bilbao. Brais continúa intentando conquistar a rapaza coa súa mellor táctica: unha clase de surf. Raúl tamén pretende despedirse de Celia, o seu antigo amor.Para Adela chegou o momento de tomar as rendas. Iso si, con avogados polo medio.Teresa pretende ir á casa de Uxía e Lucho recoller as cousas da súa filla. O que non esperaba era que Lucho aínda seguise alí.A Gaspar cítano a declarar... e non vai ser o único que teña que lembrar o acontecido aquela fatídica noite.
  • 6
    E6
    6Noa busca a maneira de volver a Bilbao, aínda que Brais non llo vai poñer fácil. As cousas vólvense torcer entre Celia e Santi por un grande erro da doutora. Dimas e Teresa queren recuperar a casa de Lucho. O roubo dos cartos pódelle custar o traballo a Dimas, que está convencido de que Lucho é o culpable. Con Adela de directora comezan a rodar cabezas. A guerra polo control de Porto de Abrente non fixo máis que empezar.
  • 7
    E7
    7Dimas accede, ás agachadas, ás gravacións da cámara de seguridade da data do roubo e o que ve non lle gusta nada.Adela dálle unha oportunidade ao plan de Raúl para mellorar a empresa e pídelle un extenso informe. As présas da nai afógano. O alumno de Noa non llo pon nada fácil. Isidro está disposto a todo para saber que fixo Olga a noite do accidente. Celia decide ir pedirlle desculpas a Santi e sen querer, escoita unha conversa moi persoal do enfermeiro.
  • 8
    E8
    8Cando Celia se decate dos novos negocios de Noa para gañar cartos montar unha nova cama vaise converter na menor das súas preocupacións.Dimas esíxelle a Lucho que devolva os cartos. Hai un problema: o diñeiro xa voou. Teresa acusa a Lucho perante a Garda Civil polo accidente, pero se cadra el non é tan culpable nin ela tan inocente. Raúl devolveulle o colgante a Celia ás costas de Mónica, que non sospeita da traizón do seu home. De momento.
  • 9
    E9
    9Celia non permite que Noa coide de Artai e queda ela a cargo do neno. Vai todo de marabilla, pero as cousas tórcense dramaticamente.Lucho está a piques de marchar de Abrente e Elba trata de impedilo. Aínda que iso supoña poñerse en contra da familia.O descubrimento de que Celia leva o colgante da súa nai non deixa indiferente a Mónica. Ela comeza a sospeitar da traizón do seu marido e dos motivos que o levaron a enganala desa maneira.
  • 10
    E10
    10Isidro convence a Noa para que desbloquee o móbil de Olga, pero os intentos para introducir o código PIN están a piques de esgotarse. Lucho confésalle a Brais que vai aceptar a oferta de Gaspar. O seu colega non agardaba unha puñalada así. Mónica incorpórase como a nova directora executiva de vendas en liña da empresa... ou iso pensa ela. A súa sogra e o seu propio marido teñen outros plans. As cousas tamén están complicadas para Dimas. Gaspar está a piques de descubrir o roubo
  • 11
    E11
    11Celia comeza o seu primeiro día como nova médica de Abrente e gañar a confianza dos pacientes vai ser todo un reto para ela. E o maior reto vai ser ter que atender a Gaspar. Isidro quérese desfacer da roupa de Olga. Teresa non llo vai poñer fácil pois para ela iso supón un insulto á súa memoria. Tampouco ten piedade con Lucho e pensa botalo do piso dunha vez por todas. Noa xa non pode manter en segredo o contido do móbil e busca consello en Elba. Se o descubrise alguén máis as vidas de todos íanse poñer patas arriba.
  • 12
    E12
    12Mónica vai ter que facer malabares para esquivar as preguntas de Celia e que non se decate de que o seu aborto foi unha farsa. Se a primeira declaración de Lucho é certa poderíanse enfrontar á pena de cárcere. A Teresa non lle encaixa que mentise na declaración. Sospeita que Lucho oculta algo. Brais non pode ver o seu pai diante despois do intento de compra da tenda de Lucho. E menos agora que sabe o seu con Olga. Noa trata de descubrir a opinión do seu avó sobre as fotos. Será difícil que Isidro non se decate das súas verdadeiras intencións.
  • 13
    E13
    13Parece que todos están decididos a emparellar a Celia con Santi, aínda que ela non o ten tan claro. Raúl tamén ten dúbidas, pero neste caso sobre se ter un fillo con Mónica ou non. Noa quérelle ensinar a Isidro as fotos, mais debe analizar ben as consecuencias. Só lle queda unha persoa á que acudir: súa nai. Todos os enredos se converten en minucias cando chegan malas noticias: Teresa desapareceu e non sabe ninguén dela.
  • 14
    E14
    14Mónica trata de facer de celestina entre Celia e Santi, pero parece que esta vez a doutora non está disposta a entrar no xogo.Coa axuda de Brais Noa trata de resolver a desaparición do teléfono de Olga. A principal sospeitosa é a súa nai. Adela non está conforme coa forma de traballar de Raúl. Mónica tampouco obtén del o rendemento esperado en aspectos máis íntimos.Teresa está disposta a desfacerse das cousas de Uxía. Un cambio demasiado brusco a ollos do resto. Algo falla...
  • 15
    E15
    15Nesta vila todos agochan segredos e en calquera momento a verdade pode facer que estoupe todo. Noa parece decidida a eliminar as fotos. Outra cousa é que Brais dea mantido a boca pechada. Mónica fai das súas para xuntar a Santi e a Celia, pero de novo os segredos poden facer que o plan se veña abaixo. Lucho trata de recuperarse coa axuda de Celia. Algo chama a atención da doutora, as feridas provocadas no accidente din moito máis do que Lucho se atreveu a confesar.
  • 16
    E16
    16Santi xa sabe o diagnóstico de Artai e non é bo. As mentiras de Mónica e Raúl romperon a súa amizade e encheron a Celia de dúbidas. Ten que descubrir a verdade. Teresa trata de convencer a Isidro para que declare que Lucho colleu sen permiso as chaves da furgoneta o día do accidente. Todo por afundir aínda máis o seu xenro. Os estraños movementos de Adela, que somete a empresa a unha auditoría, fan saltar todas as alarmas. Se revisan as contas Dimas vaise meter nunha boa lea.
  • 17
    E17
    17Celia debátese entre contarlle a Isidro o da infidelidade de Olga ou levar o segredo á tumba. Noa trata de evitar a Brais despois do seu bico. Non é para menos, pois se as sospeitas da rapaza son certas Raúl sería seu pai. Dimas teno complicado para tapar o roubo de Uxía e manter as mans limpas. Sobre el está a mirada do auditor... e a de Mónica, que pode ser moito máis perigosa.
  • 18
    E18
    18A pregunta non é se Teresa vai poder manter a boca pechada coa aventura de Olga e Gaspar, senón canto tempo vai tardar en contalo todo. E a quen. No bar están pendentes do resultado da analítica do auditor. Se é unha intoxicación podería afundir Casa Eiroa para sempre. A Dimas non lle queda outra que tratar de repoñer os cartos antes de que o pillen, pero para iso vai necesitar o visto e prace de Isidro para hipotecar o bar. Noa queda con Brais na casa del. Pensa coarse no cuarto de Raúl na busca de probas sobre a súa paternidade.
  • 19
    E19
    19O plan de Teresa deu resultado e a falsa declaración pódelle afundir a vida a Lucho. Celia decátase da mentira de Isidro e decide intervir no asunto. Agora que Adela descubriu o roubo dos cartos vainos investigar a todos, sen excepción. Dun xeito ou doutro pensa dar co responsable e quen fose non vai saír indemne. Noa parece decidida a descubrilo todo sobre a relación de Celia e Raúl. E non é a única, pois Mónica tamén anda coa mosca detrás da orella.
  • 20
    E20
    20Mónica decide marcar territorio e que Celia se aparte dunha vez por todas do seu marido. A súa amizade pende dun fío. E por se iso fose pouco, chegou o momento de que Celia lle conte a seu pai que Olga lle foi infiel. Dimas trata de abrandar o corazón de Adela e busca toda a axuda posible para lograr a súa readmisión na empresa. Ela parece ter outros plans. Agora que as fotos de Olga e Gaspar son públicas as cousas complícanse para os López de Castro. A única pregunta é quen caerá primeiro.
  • 21
    E21
    21Celia busca consello en Santi, que de infidelidades parece todo un experto. Isidro encara como pode a terrible verdade. Á dor polas mentiras da súa defunta muller engádeselle a traizón de toda a súa familia, que decidiu que vivise na ignorancia. Para Noa chegou o momento de enfrontarse ao seu amigo e pedirlle explicacións a Brais polo roubo do móbil. Teresa vai mudando a súa visión de Lucho agora que sabe todo o que fixo para protexelos. Dimas, en cambio, trata de protexerse dela finxindo que conserva o seu traballo.
  • 22
    E22
    22Noa intenta facer as paces con seu avó, que parece máis susceptible que nunca ante os ruxerruxes dos veciños. Celia trata de comprender como é posible que súa nai estivese namorada de alguén como Gaspar e acode a Teresa para comprobar se o home vai de farol. Avecíñase unha crise cos transportistas en Porto de Abrente. Se Adela e Mónica non dan chegado a un acordo a metade do peixe almacenado vaise botar a perder.
  • 23
    E23
    23Isidro xa tomou a decisión de marchar para sempre de Abrente e parece que non vai haber ninguén capaz de convencelo para que recúe. Noa xa non está para lerias. Se Brais non quere volver á súa casa buscar o ordenador, terá que ir ela mesma. Co que non conta é con atopar alí a Raúl. É a oportunidade perfecta para tratar de tirarlle da lingua sobre a relación que tivo con súa nai. A crise dos transportistas continúa en Porto de Abrente. Raúl debátese entre axudarlle a Mónica ou deixar que fracase.
  • 24
    E24
    24
  • 25
    E25
    25
  • 26
    E26
    26
  • 27
    E27
    27
  • 28
    E28
    28
  • 29
    E29
    29
  • 30
    E30
    30
  • 31
    E31
    31
  • 32
    E32
    32
  • 33
    E33
    33
  • 34
    E34
    34
  • 35
    E35
    35
  • 36
    E36
    36
  • 37
    E37
    37
  • 38
    E38
    38
  • 39
    E39
    39
  • 40
    E40
    40
  • 41
    E41
    41
  • 42
    E42
    42
  • 43
    E43
    43
  • 44
    E44
    44
  • 45
    E45
    45
  • 46
    E46
    46
  • 47
    E47
    47
  • 48
    E48
    48
  • 49
    E49
    49
  • 50
    E50
    50
  • 51
    E51
    51
  • 53
    E52
    53
  • 53
    E53
    53
  • 54
    E54
    54
  • 55
    E55
    55
  • 56
    E56
    56Teresa e Dimas reciben unha información que os pode obrigar a cambiar os seus plans de vender a súa parte de Caldeirada de Abrente. Celia leva tempo sen fiarse das intencións de Mónica e agora que esta está embarazada aínda se fía menos. Que a súa antiga amiga volvese á casa dos López de Castro, tan preto de Raúl, non lle fai graza ningunha. Gaspar non pode gardar máis o segredo. A noticia de que el puido ser o culpable do accidente espállase por Abrente.
  • 57
    E57
    57Teresa e Dimas reciben unha información que os pode obrigar a cambiar os seus plans de vender a súa parte de Caldeirada de Abrente. Celia leva tempo sen fiarse das intencións de Mónica e agora que esta está embarazada aínda se fía menos. Que a súa antiga amiga volvese á casa dos López de Castro, tan preto de Raúl, non lle fai graza ningunha. Gaspar non pode gardar máis o segredo. A noticia de que el puido ser o culpable do accidente espállase por Abrente.
  • 58
    E58
    58Porto de Abrente amence cunha pintada na fachada na que se le en letras ben grandes GASPAR ASASINO. Os López de Castro están que botan lume e pretenden que o culpable pague polos seus actos. Brais ten moi claro de quen se trata. Celia e Raúl atópanse cun inconveniente na súa investigación: necesitan unha analítica de Gaspar que probe que estaba ebrio a noite do accidente. O único que a pode conseguir é Santi, así que van ter que pedirlle ese favor. Noa ten moi claro que como Lucho non deixe as malas compañías vai ter que tomar medidas drásticas.
  • 59
    E59
    59Mónica sofre unha gran crise no seu embarazo. O bebé está en perigo e Raúl parece disposto a permanecer ao lado da súa familia pase o que pase. Mónica e Adela non poden deixar pasar semellante ocasión para tratar de apartalo definitivamente de Celia. Noa está contra as cordas e a culpa de todo tena Brais. Celia e Santi revisan as analíticas de Gaspar, pero hai algo que non lles cadra. Ao home acumúlanselle as desgrazas, pois se non lle chegase coa ameaza do xuízo e coas chantaxes de Iago, tamén se vai ter que enfrontar á ira de Isidro.
  • 60
    E60
    60Mónica está disposta a facer o que sexa necesario para romper a relación entre Celia e Raúl. Non dubida en usar todas as armas ao seu alcance, pero Celia non se vai deixar pisar. Raúl, como peixe entre dous gatos, terá que escoller dunha vez por todas. O amor entre Noa e Brais tampouco é cousa fácil, pero a rapaza xa tomou unha decisión. Elba ten que conseguir o reloxo de Gaspar, tarefa que non parece sinxela xa que a ameaza de Saleta pende sobre ela. Santi e Celia descobren o engano de Iago e están a un paso de destapar todo o enredo. Se o conseguen terían probas suficientes para enviar o patriarca dos López de Castro á cadea. Non lles resultará doado alcanzar o seu obxectivo porque saben que Gaspar é un home moi poderoso.

 

  •   
  •   
  •   
  •   
  •   
  •   
  •   

Take Plex everywhere

Watch free anytime, anywhere, on almost any device.
See the full list of supported devices