Serramoura

Season 1

TV-14
A tranquilidade de Serramoura vese alterada coa chegada dun investigador de métodos agresivos, que para descubrir quen matou a Mónica Triáns deberá lidar cos impenetrables e enigmáticos habitantes desta vila.

Todos gardan algún segredo, e tamén algunha razón para cometer ese crime horrendo. Mónica sabía demasiado das loitas polo control da madeira que manteñen os Fiúza e os Soutelo, as familias máis poderosas da vila.
Where to Watch Season 1
24 Episodes
  • Homicidio
    E1
    HomicidioA aparente tranquilidade de Serramoura se ve truncada o día que Mónica Triáns, unha rapaza de 25 anos, aparece asasinada no medio do monte. Para Marga non se trata dunha vítima sen máis, xa que Mónica era unha das súas mellores amigas e, ignorando os consellos do seu superior, involúcrase no caso. O corpo sen vida estaba nunha parcela de monte propiedade de Evaristo Fiúza, dono de toda a vila menos do serradoiro, propiedade da familia Soutelo. Sabedor das débedas que causa e aproveitando que Xulián Soutelo está no seu leito de morte, Evaristo coaccionará o seu fillo, Gonzalo, para que asine os documentos de venda do serradoiro, o seu máis prezado obxecto de desexo. Mentres, a morte de Mónica, que traballaba na única taberna de Serramoura, comeza a ter repercusión entre os veciños. O seu asasinato conmociona toda a vila e pona patas arriba na procura dun culpable. Nunha primeira instancia, a investigación céntrase en Román Fiuza, ex-mozo de Mónica e fillo de Evaristo, que axiña consegue unha sólida coartada para el. O móbil da vítima, atopado na escena do crime, revela que antes de ser asasinada recibiu mensaxes ameazantes de Pancho, marido de Raquel, a irmá de Marga, e todo apunta a que é culpable. Todo parece claro, pero os protagonistas están convencidos de que Pancho non é o auténtico culpable. Xogando os seus postos dentro do Corpo, Marga e Diego investígano extraoficialmente. Tras comprobar o pasado de Mónica Triáns descobren algo sorprendente: leva 30 anos morta. A súa documentación era unha falsificación e estaba usando unha identidade falsa. Quen era Mónica realmente? Quen a matou?
  • O año na lobeira
    E2
    O año na lobeiraUn asalto con agresión no pequeno dispensario da vila, dirixido polo doutor Emilio Soutullo, porá os nosos protagonistas na pista dun toxicómano da vila. Pero as súas pesquisas acaban relacionándoo co caso de Mónica Triáns. Están ambos os crimes conectados?
  • Queimando probas
    E3
    Queimando probasO atraco a punta de pistola nun banco conmocionará novamente Serramoura. O atracador non levou cartos ningúns, só unha caixa de seguridade a nome de Mónica Triáns. Que gardaba a moza asasinada no banco? Dar co ladrón podería ser a única maneira de descubrir cal era a verdadeira identidade da vítima e, polo tanto, o móbil do seu asasinato. Deter o atracador, recuperar a caixa de seguridade de Mónica Triáns pasa a ser prioridade para os nosos protagonistas. Se o conseguen, poderán reabrir a investigación e avanzar nun caso que se está transformando para os dous nunha obsesión. O atraco coincidirá no tempo co funeral de Xulián Soutelo, patriarca da familia propietaria do serradoiro e cita ineludible para todo aquel que se considere alguén en Serramoura. O evento perfecto para que Teresa Soutelo pesque investidores para o seu necesitado serradorio. Pronto Raquel acabará cos soños de prosperidade dos Soutelo. A contabilidade do negocio é tan mala que botaría por terra calquera plan de investimento... ou poida que non? Allea a todo isto Álex, a filla de Raquel e Pancho, iniciou a súa propia investigación para dar co asasino de Mónica e así sacar o seu pai do cárcere. En contra das advertencias do seu amigo Quique, a moza intentará gañarse a confianza de Román Fiuza, sospeitoso inicial que se resgarda baixo unha falsa coartada.
  • Lume
    E4
    LumeUn incendio de grandes dimensións prende nos montes de Serramoura. A Garda Civil aínda non o sabe, pero os espectadores da TVG si: foi provocado. O que non imaxinan os investigadores é que o motivo foi a queima do cadáver do atracador que, no capítulo da semana pasada, roubou a caixa de seguridade de Mónica Triáns. A investigación do caso prosegue, tortuosa e traumática pois cada pista fai xurdir un novo sospeitoso. Pero para os habitantes de Serramoura o urxente será extinguir o lume que ameaza non só os montes de Serramoura, senón ao modo de vida dos seus habitantes e, en especial, da familia Fiúza, principais terratenentes da zona. A Garda Civil terá que darse présa, se non quere que Evaristo Fiúza imparta a súa propia xustiza. Mentres, no serradoiro, a familia Soutelo sospeita da existencia dun espía entre os seus empregados. Está claro que alguén tivo que contarlle a Evaristo que se planeaba unha recapitalización do negocio. Os inversores estaban moi interesados, pero a filtración dunha dobre contabilidade e o temor ao escándalo e ao cárcere deron ao traste coa operación.
  • Unha amiga
    E5
    Unha amigaEn Serramoura, organizado por Marga e Raquel, celébrase un funeral na honra de Mónica. Un último adeus. Pero mentres o seu verdadeiro asasino siga solto non poderá descansar en paz. Quen matou a Mónica Triáns? A lista de sospeitosos aumenta ao incluírse o descoñecido que aparece xunto a Mónica Triáns na fotografía furtiva que Román Fiúza lle sacou, levado pola súa obsesión.
  • Saldar contas
    E6
    Saldar contasEn Serramoura ninguén é quen parece ser. Un tras outro, van caendo os habitantes da vila madeireira do seu pedestal. Primeiro foi Pancho, o marido de Raquel, quen tras negar mil veces a evidencia, non tivo máis remedio que confesar a infidelidade á súa muller. Unhas mensaxes de voz acabaron por delatalo. E o último foi nada menos que Emilio, médico da vila e parella de Marga Neira, o sarxento da Garda Civil. A ambas as dúas mulleres, as súas parellas traizoáronas coa mesma muller, Mónica Triáns. Unha vítima que a cada paso que avanza a investigación, menos inocente parece. Pero, por se non houbese bastantes sospeitosos na localidade, acaba de facer acto de presenza un novo personaxe, un tal Santos, dono dun despezamento e, en opinión da sarxento Neira, un home de negocios, todos eles ilegais. De quen tampouco se fía demasiado Diego Bazán é do seu propio tenente. Pero o que non sospeita o sarxento é que Tomás Penedo ten unha débeda pendente con Evaristo Fiúza e o poder suficiente para sacar á luz algo que podería acabar coa súa misión en Serramoura. Mentres tanto, no serradoiro dos Soutelo a situación económica segue empeorando e os traballadores ameazan cunha folga se non se lles paga o que se lles debe. Esta será agora a maior preocupación de Gonzalo e da súa nai, pero non de Raquel, administradora do negocio, que asiste con temor á consolidación da relación entre a súa filla e Román Fiúza.
  • A festa da leña
    E7
    A festa da leñaMónica pensaba abandonar Serramoura. A súa equipaxe e unha gravación de despedida apareceron nun vello alpendre propiedade de Santos, home carente de toda honradez e propietario do despezamento. Os axentes Marga Neira e Diego Bazán atoparon por fin un novo fío do que tirar na súa investigación. Pero deben ter coidado: oficialmente o caso está pechado e a Tomás, o seu tenente, non se lle escapa nada. E neste contexto tan particular, celébrase en Serramoura unha edición máis da súa Festa da Leña; a máis popular da comarca. O evento, que ata agora sempre patrocinaron os Soutelo, non podía chegar en peor momento para os propietarios do serradoiro. Cos traballadores en folga e sen cartos para facerlles fronte aos salarios, dona Teresa e o seu fillo Gonzalo terán que achar unha solución. A Festa da Leña debe celebrarse, custe o que custe. Un ano máis, Serramoura servirá de punto de encontro para transportistas, madeireiros e propietarios para gozar dun día, como di Marga, “de comida, bebida e moita troula”. Pero o máis espectacular desta festividade é o seu tradicional concurso. Quen será o máis rápido da comarca cortando leña? Ata a data, a competición supuxo, ano tras ano, a maior exhibición do enfrontamento entre os Fiúza e os Soutelo.
  • Arma homicida
    E8
    Arma homicidaPancho, o marido de Raquel, por fin saíu de prisión. Pero o prezo que ten que pagar pola súa liberdade é moi elevado. Agora toda Serramoura coñece o seu escuro pasado, cando traballaba de matón para Santos. Aínda que a máis sorprendida por esta historia semella ser a súa propia muller. O prezo da súa liberdade inclúe tamén o asasinato de Diego Bazán. Descartado o único sospeitoso oficial, ao xuíz non lle queda máis remedio que reabrir o caso. Unha gran noticia para Marga e Diego, que por fin poden continuar coas súas investigacións de maneira oficial. Pero os sarxentos non acaban de fiarse de Tomás, o seu tenente, xa que a súa relación con Evaristo podería condicionar o seu punto de vista do caso. Pola súa parte, Román Fiúza, cuxa coartada non convenceu no seu día os investigadores, volve estar no punto de mira da Garda Civil. Unha nova fronte de batalla para o seu pai, que parece estar moi ocupado ultimamente poñendo orde na súa vida familiar. Unha posible infidelidade da súa muller puxo a Evaristo en alerta. Ata que punto estaría disposta a chegar Gloria para conservar os seus privilexios? Pero non é o seu único problema, nin sequera o máis grave, xa que a arma utilizada para matar a Mónica Triáns aparece no soto da súa casa. E, para desgraza de Evaristo, é Álex quen deu con ela. Un descubrimento que ninguén debe coñecer e que obrigará a Evaristo a chegar a extremos que nunca puido imaxinar.
  • Sospeitas
    E9
    SospeitasTras aparecer a arma homicida no fogar dos Fiuza, un segredo instalouse entre os seus muros de pedra: para os membros da familia, non cabe dúbida de que un deles é o asasino. Evaristo é culpable a ollos de Gloria e Román. Mentres que o seu fillo é o asasino, sen ningunha dúbida, en opinión do patriarca e de Hugo, o seu avogado. E, aínda que o silencio se impón como consigna a seguir, a situación porá a proba a fidelidade dos membros da familia máis poderosa de Serramoura. O resto da vila segue a sufrir os danos colaterais desta historia que, semana a semana, se complica un pouco máis. Raquel e Pancho pasan posiblemente polo peor momento das súas vidas, que pouco ten que ver coa súa danada relación de parella. Pancho está en débeda con Santos e este non é un tipo que se caracterice, precisamente, pola súa paciencia á hora de cobrar as súas débedas. Se Pancho non mata a Diego Bazán, Santos está disposto a tomar represalias contra a súa familia. E, entre tantas complicacións, a Garda Civil pregúntase agora onde foi parar a arma homicida. Saben que estaba na casa dos Fiuza e que alguén tivo que sacala de alí. Pero ninguén sabe onde está agora. Ninguén menos Emilio, o médico da vila. Convertido nun paria dentro de Serramoura desde que se coñeceu a súa relación con Mónica, decide investigar a morte da camareira pola súa conta, disposto a demostrar a súa inocencia.
  • Criminal
    E10
    CriminalA vida complícase cada vez máis para os habitantes de "Serramoura", que, dun xeito ou doutro, están a sufrir as consecuencias do misterioso asasinato de Mónica Triáns, un caso que segue traendo de cabeza a Garda Civil, especialmente a Marga e a Diego. Un dos afectados é Evaristo Fiuza, que se atopa detido. Ao ata agora home máis poderoso de Serramoura impútanselle dous asasinatos: o de Mónica de Triáns e o de Emilio, médico da vila e ex parella sentimental de Marga Neira. Pero, foi el? A sospeita, que corre como a pólvora polo lugar, abrirá unha brecha insalvable entre o acusado e o seu fillo. Mentres, Santos planea a súa vinganza contra Diego Bazán desde o cárcere. Pancho fallou no seu intento de eliminar ao sarxento. Agora, o ex marido de Raquel ten unha débeda co axente da Garda Civil que lle salvou a vida. Con Diego ao tanto das intencións de Santos, este atopou un poderoso aliado en Vítor Somoza, do Servizo de Asuntos Internos. Vítor chegou a Serramoura cunha soa intención: acabar coa carreira do sarxento Bazán, aínda que para iso teña que coaccionar, un a un, todos os veciños da vila. Por outro lado, preocupada pola saúde de seu pai, Álex decide levar a Pancho de novo á casa, unha situación moi incómoda para a súa nai, pero tamén para el, que vivirá en primeira persoa cada episodio da relación errada de Raquel con Gonzalo. E a investigación policial prosegue. Convencida de que o asasino os está a enganar de novo, Marga segue os pasos da investigación que desenvolveu Emilio para atopar o verdadeiro culpable. De maneira inequívoca, Marga descubrirá hoxe, por fin, o rostro do asasino de "Serramoura".
  • Sobran os motivos
    E11
    Sobran os motivosGonzalo Soutelo é o asasino de "Serramoura" e a Garda Civil sábeo. Tres persoas tiveron que morrer para chegar a el, pero os axentes están xa tras a súa pista e un só descoido pode ser suficiente para capturalo. Agora falta esclarecer o móbil dos crimes. Mónica Triáns, o atracador do banco e Emilio, o médico da vila, morreron por un mesmo motivo e as pezas do crebacabezas parece que empezan a encaixar. Mentres, no fogar dos Fiúza, a familia ata agora máis poderosa de Serramoura, parece abrirse unha brecha demasiado grande entre pai e fillo. Evaristo e Román xa non están no mesmo bando e Gloria, a esposa do patriarca, gaña poder día a día. Por agora, só parece disposto a pararlle os pés Hugo, o avogado do seu home. Pero, quen gañaría se Evaristo tivese que elixir o seu home de confianza e a súa muller? Tampouco se respira tranquilidade na casa de Raquel. A súa filla Álex, conmovida polo mal estado de saúde do seu pai, decidiu levalo para a casa. O que antes era un fogar feliz é agora o acubillo dunha parella separada, cunha filla que fai o imposible porque as cousas volvan ser como antes.
  • A caza
    E12
    A cazaGonzalo Soutelo non poderá escapar por moito tempo. Ou, polo menos, niso confían os axentes da Garda Civil do posto de Serramoura. Grazas a Raquel, as probas contra o asasino de Mónica Triáns xa están en mans da xustiza, pero os veciños da localidade aínda non descansan tranquilos. Máis ben ao contrario, son moitos os que opinan que non será doado dar co fuxido. Evaristo Fiuza será o primeiro en dar a voz de alerta e organizar os seus homes. A consigna será clara: dar caza a Gonzalo Soutelo. O seu futuro dependerá de quen dea antes con el. Se Evaristo quen chega a el primeiro, ninguén dúbida de que rematará con el. Ninguén o dubida, e todos o desexan. Tras axudar a capturar o home do que estaba namorada, agora Raquel trata de recompoñer a súa vida. Cousa complicada se temos en conta que está embarazada dun asasino múltiple. A Serramoura non se lle augura un futuro próximo demasiado tranquilo. Vítor Somoza, axente de Asuntos Internos da Garda Civil, acaba de chegar á vila. O seu obxectivo é claro: rematar con Diego Bazán. E, entre outros medios para conseguilo, estableceu unha peculiar alianza con Santos ao que prometeu sacar do cárcere. Un panorama moi complicado que se verá aínda máis enturbado, cando un novo caso de asasinato sorprenda os habitantes de Serramoura.
  • Poñerse en pé
    E13
    Poñerse en péUn estraño accidente de coche cobrouse unha vítima mortal en “Serramoura”. Ata aquí todo sería, ademais de tráxico, normal. Pero o caso complicarase rapidamente, pois os primeiros indicios levarán á Garda Civil ante a certeza dun novo asasinato. Así pois, se os espectadores da serie da TVG pensaban que, tras solucionar o caso de Mónica Triáns, Diego Bazán ía abandonar a vila, estaban equivocados. Ao sarxento non lle dará tempo nin a pensalo, xa que un novo asasinato obrigarao a prolongar a súa estancia na vila. Unha moza prostituta chamada Araceli será a vítima dun novo caso para a parella de sarxentos Neira-Bazán. Un coche sinistrado en estrañas circunstancias e unha segunda ocupante desaparecida serán as primeiras pistas para a investigación. A trama complícase cando as primeiras pescudas apuntan a un asasino a soldo como posible culpable. Quen puido contratalo? Por outro lado, tras a detención de Gonzalo Soutelo, aos veciños de Serramoura aínda ou lles deu tempo de recobrar a normalidade. Evaristo Fiúza permanece ingresado e debátese entre a vida e a morte. E mentres o seu fillo Román se fai cargo dos seus negocios, a súa esposa Gloria conspira contra el para quedar con todo, tratando de establecer as alianzas máis inesperadas.
  • A testemuña
    E14
    A testemuñaNesta ocasión, Santos quere o serradoiro dos Soutelo. Ante a negativa de dona Teresa para asociarse con el, non lle quedou outra opción de cambiar de estratexia. Usará os contactos que ten no cárcere para presionar a dona Teresa onde máis lle doe: o seu fillo Gonzalo. O negocio dos Fiúza tampouco parece discorrer polos camiños habituais. Román fíxose cargo, moi responsablemente, dos asuntos do seu pai. Pero o que descoñece o descendente dos Fiúza é ata onde pode chegar a capacidade de manipulación da súa madrasta Gloria. Mentres, a Garda Civil continúa inmersa na investigación do asasinato de Araceli. A muller desaparecida do escenario do crime xa foi identificada. Trátase de Sara, a irmá díscola de Luz, a camareira da taberna. Neste contexto, unha nova parella chega a Serramoura para quedar. Trátase do matrimonio formado por María e Roque. Ela, amiga da infancia de Evaristo; el, o mellor cortador profesional dos arredores. Ambos os dous non tardarán en atopar o seu lugar en Serramoura. Un lugar que espertará vellos rancores e tamén vellos amores.
  • Cumprir a lei é complicado
    E15
    Cumprir a lei é complicadoAlguén entrou no posto da Garda Civil en Serramoura e chegou ata a sala de probas. Todo indicio relacionado co caso do asasinato da moza Araceli Marín foi roubado. Está claro que os ladróns contaron coa axuda de alguén de dentro do cuartel. Sen nada sólido ao que aferrarse e coa seguridade de ter un traidor entre as súas filas, os axentes só contan cunha pista para continuar: o teléfono móbil de Castro, o sicario que tratou de asasinar a Sara. Mentres, Quique, o novo garda que salvou a vida de Luz e a súa irmá, trata de asimilar a posibilidade de que o home ao que disparou faleza no hospital. Un episodio traumático que deixará secuelas no personaxe. Pola súa banda, Sara négase a declarar ante a Garda Civil. A moza decidiu sacarlle partido á súa difícil situación. Unha gravación parece ser a clave de todo. Que contén, quen estarían dispostos a pagar por ela e por que? A primeira interesada é dona Teresa e Sara sabe que pagará por ela o que lle pida. A incógnita crece: que beneficio pode sacarlle a matriarca dos Sotuelo? Na casa dos Fiúza as cousas tampouco transcorren con normalidade. A visita de María devolveulle a Evaristo a un pasado feliz; un pasado que Evaristo non cría posible recuperar. Pero, por que a muller de Roque lle ocultou ao seu marido a visita á casa do seu amigo de mocidade? Con todo, o patriarca dos Fiúza está preocupado por certos problemas laborais. Gloria e Hugo deron un paso máis no seu plan por acabar coa boa relación entre Román e o seu pai. Un paso arriscado que lles pode levar o éxito ou a ser descubertos.
  • Chantaxe
    E16
    ChantaxeUn descubrimento de última hora deulle un xiro absoluto á investigación do asasinato de Araceli Marín. Todo apunta a que o infiltrado na Garda Civil é o tenente Tomás Penedo e Marga parece telo acurralado. Pero o enfrontamento, pistola en man, entre a sarxento Neira e o tenente Penedo podería terminar en traxedia. Un disparo con fundido a negro tivo impaciente os espectadores da serie “Serramoura” durante unha semana. Este domingo saberán quen efectuou o disparo e con que consecuencias. O caso segue aberto e no cuartel saben que necesitan o vídeo, ou polo menos descubrir que contén, para avanzar. Pero Sara manteno no seu poder e dona Teresa parece estar interesada en compralo, xa que o necesita para sacar a Gonzalo do cárcere. Faltan gardas para tanto traballo. Diego Bazán foi suspendido e Asuntos Internos vaino investigar a el e cada un dos casos en que traballou, procesos que agora se atopan na corda frouxa, para desgraza dos seus compañeiros. Mentres, en casa dos Neira están de parabéns: a familia está máis unida que nunca e Álex e Raquel decidiron mudarse á casa do avó. Arranca así unha convivencia que terá as súas luces e as súas sombras. Na dos Fiúza, non obstante, as cousas son moi distintas. Evaristo por fin lle plantou cara a Santos: nunca haberá negocios entre eles. O futuro anuncia enfrontamento entre ambos os dous e este non pode acabar ben. Igual que a relación co seu fillo Román, que xa non sabe que facer para gañar a confianza do seu pai.
  • Foraxido
    E17
    ForaxidoRomán e Roque son agora socios, pero Evaristo non o sabe. O fillo de Fiúza e o home de María decidiron asociarse para montar o seu propio negocio: un viveiro, un modo de vida propio para non ter que renderlle contas a ninguén e que para Román supón ademais a posibilidade de liberarse do peso que supón apelidarse Fiúza en Serramoura. Mentres, no cuartel, Tomás decidiu dar un paso máis na investigación do asasinato de Araceli Marín. O seu obxectivo é o xuíz instrutor do caso e indutor do asasinato da moza prostituta. Con todo, a Garda Civil ten un problema grave e o seu nome é Diego Bazán. O sarxento foi suspendido por Asuntos Internos e a investigación podería pór en perigo os dous casos en que traballou na vila: os de Mónica Triáns e Araceli Marín. Só hai dúas alternativas: conseguir o vídeo, en mans de dona Teresa, ou coller a Gonzalo antes de que chegue a Portugal. Este fuxiu do cárcere coa axuda de Santos e do xuíz que instrúe a súa causa. Na casa dos Fiúza, as cousas melloraron entre Evaristo e o seu fillo, do que agora se mostra moi orgulloso, tras a impresionante competición no monte da que ambos os dous foron protagonistas. Pero hai unha cousa que Evaristo aínda non puido resolver: a venda fraudulenta de varios dos seus camións, supostamente ordenada por Román.
  • Guerra (1ª parte)
    E18
    Guerra (1ª parte)Varios meses despois da morte de Gonzalo Soutelo, a situación na vila complicouse considerablemente. Santos e Evaristo están oficialmente enfrontados e este enfrontamento pillou no medio á Garda Civil. O traballo nos montes de Serramoura realízase agora escopeta en man e os límites entre propiedades xa non os marcan os rexistros, senón Evaristo e Santos en persoa. Unha situación extrema que só pode acabar mal, xa que en Serramoura mesturar escopetas e conflitos de lindes supón demasiado perigo, mesmo para a Garda Civil. Pola súa parte, tras pasar por unha investigación por parte de Asuntos Internos, o antes sarxento Diego Bazán foi apartado da Unidade de Investigación. A partir de agora será un garda máis do posto de Serramoura e desenvolverá o seu labor con uniforme, lonxe do traballo que lle gusta. Unha sanción moi leve, se se ten en conta que estaba en xogo a súa expulsión da Garda Civil. Pero a maior novidade produciuse na casa dos Neira, onde Raquel tivo por fin o seu bebé. Unha grande alegría para todos en Serramoura, pero moi especialmente para dona Teresa, avoa do pequeno, inmersa aínda no duelo pola morte do seu fillo.
  • Guerra (2ª parte)
    E19
    Guerra (2ª parte)Gloria está perdida. Evaristo sábeo todo: o seu plan para quedar co seu patrimonio, as súas argucias para enfrontalo co seu fillo Román e ata a súa alianza con Hugo, xa que el mesmo llo confesou. Quédalle algunha oportunidade á muller de Fiúza ou está todo perdido xa? Que lle pode deparar o destino a Gloria lonxe de Evaristo? En casa dos Neira, acaban de descubrir o talento oculto de Álex: a moza descubriuse como unha intrépida cronista. O problema é que cando escribe dispara contra todo o mundo e logo pregunta. Os primeiros destinatarios dos seus “dardos” serán os axentes da Garda Civil de Serramoura, pero Álex ten tinta para todos. Isto provoca un novo conflito nunha casa onde parecía que, por fin, reinaba a tranquilidade. Mentres, a Garda Civil evitou un baño se sangue na vila, ao conseguir, coa pública mediación de Evaristo e Santos, o aparente desarmamento dos homes de Serramoura. As armas foron requisadas e parece que a paz volveu aos montes. Pero un novo caso recaeu no posto do tenente Tomás Penedo: un ladrón de gando está a sementar a discordia de novo entre os veciños. Non tardarán en volver aparecer as armas de fogo e o ánimo de vinganza.
  • De caza
    E20
    De cazaA estraña desaparición dunha moza nos montes da vila porá de novo en alerta os homes do tenente Penedo. Os elementos deste caso son unha parella de senderistas e un accidente que, de maneira pouco probable, se converte en traxedia. Unha desaparición e unha terrible noticia. E o que é peor: non é a primeira vez que sucede. Unha psicóloga especializada en perfís perigosos será destinada a Serramoura. A súa función será axudar en todo o posible na investigación. Cada minuto conta ao enfrontarse a un secuestrador, especialmente cando hai a certeza de que a súa intención é matar. Os axentes contan con moi pouco tempo para pescudar demasiadas cousas. Mentres, o negocio da madeira en Serramoura tomou novos camiños. Santos, á fronte do serradoiro máis poderoso dos arredores, recibirá unha visita inesperada. O capo, agora disfrazado de home de negocios honrado, recibirá unha proposta tan deshonesta como irresistible.
  • Sacrificios
    E21
    SacrificiosSilvia Pardo, a filla pequena de Roque e María, foi secuestrada e o tempo corre en contra dos axentes da Garda Civil. O secuestrador é un vello coñecido das forzas de seguridade porque actuou anteriormente e sempre co mesmo desenlace: a morte da súa vítima. A intervención da sarxento Inés Carro permítelle á Garda Civil saber moitas cousas do criminal, pero falta o máis importante: descubrir a súa identidade. Os axentes só teñen unha oportunidade para dar co secuestrador, xa que seguiu as mesmas pautas en todos os seus ataques, incluíndo a tortura psicolóxica da familia da vítima. Pero para iso ten que establecer contacto con Roque e a súa muller. Mentres, na súa casa, María séntese culpable do sucedido e axiña será o seu home quen lle recrimine os seus actos. Se non fose pola súa visita a Evaristo Fiúza, a súa filla non emprendería o camiño de volta a casa soa. A familia Fiúza vive con especial proximidade o secuestro de Silvia. Evaristo, porque comparte o sentimento de culpa de María; e Román, pola amizade que o une á familia desde que se asociou con Roque, pero especialmente coa súa filla Elena, algo que non lle acaba de gustar á súa noiva Álex. E no serradoiro, motor económico da vila, Santos parece ser o único habitante de Serramoura que pasa por un bo momento. Foi elixido “Empresario emerxente do ano”, algo moito máis importante ca unha simple campaña de mercadotecnia. Detrás do premio agóchase unha complexa e rendible manobra vinculada ao branqueo de capitais.
  • Condena
    E22
    CondenaQue decisión tomou Roque despois do ultimato que lle lanzou o secuestrador?. Terá que elixir entre a vida da súa filla e a da súa muller. Pero iso non é todo, xa que a persoa que mantén secuestrada a Silvia quere que María morra a mans do seu propio home. O matrimonio recibe a mensaxe no peor momento posible. Mentres, no cuartel da Garda Civil, os axentes aférranse á única pista que teñen. Nunha das comunicacións co secuestrador, parece escoitarse un leve ruído de motoserras e unha árbore caendo. Unha única vía de investigación e dous modos moi distintos de traballar: Por un lado o do sarxento Inés Carro, e polo outro o de todos os axentes de Serramoura. Pola súa parte, Gloria, ex esposa de Evaristo Fiúza e un día a muller máis poderosa de Serramoura, busca agora un medio para gañar a vida. O seu enfrontamento co seu ex marido pechoulle todas as portas da localidade, salvo a do serradoiro de Santos. O peor inimigo da súa ex parella podería converterse no seu mellor aliado.
  • Desde a tumba
    E23
    Desde a tumbaAnxo, o secuestrador de Silvia Pardo, está morto. A responsable é a sarxento Inés Carro, que desde un principio primou o seu desexo de capturar o que un día foi o seu secuestrador fronte á liberación da filla de Roque e María. Pero ela non parece ser a única culpable do fatal desenlace. Santos e Pancho tiveron a oportunidade de deter o asasino en serie e, con todo, ante a posibilidade de que o serradoiro fose rexistrado pola Garda Civil, optaron por deixalo ir. Agora, seguros de que o home ao que tiñan no seu poder era o secuestrador, temen as consecuencias dos seus actos. Mentres tanto, Silvia, a nova secuestrada, segue en paradoiro descoñecido. Encadeada e sen auga nin comida, os axentes da Garda Civil temen que non sobreviva moitas horas máis. Non teñen pista algunha que seguir, só as poucas pertenzas que o secuestrador levaba enriba no momento da súa detención. Inmunes á dor da familia Pardo e ao esforzo dos veciños de Serramoura para atopar a moza, Gloria e Santos fortalecen a súa alianza. Ela quere controlar o agora gran empresario da comarca e úneos o seu desexo de vingarse de Evaristo Fiúza.
  • Un asunto persoal
    E24
    Un asunto persoalUn cadáver apareceu enterrado nos montes da vila. Son os restos dun crime que parece que se produciu hai uns 30 anos e do que ninguén na localidade tivo noticia xamais, ninguén salvo o asasino. Tras unha ardua tarefa, a identidade da vítima conmociona Serramoura. Trátase de Carmen Varela, a nai de Marga e de Raquel e a muller de Moncho, a quen todo o mundo supoñía fuxida dun marido alcohólico. Por que a asasinaron? Que sucedeu 30 anos atrás? Preguntas para as que os homes do tenente Penedo teñen que achar respostas con poucas pistas e moi desgastadas polo tempo. No caso de que lograsen resolver o caso, pasou tanto tempo que existe a posibilidade de que o criminal nin sequera siga vivo. No mellor dos casos. No peor, segue vivo. E todas as miradas se volven, acusatorias, contra Moncho. Mentres a Garda Civil investiga o caso, Evaristo e dona Teresa conspiran para acabar con Santos, o seu inimigo común. Dona Teresa quere recuperar o negocio do seu home, o serradoiro dos Soutelo. Evaristo, acabar co seu peor inimigo e o último na lista de amantes da súa ex-muller.
 
  •   
  •   
  •   
  •   
  •   
  •   
  •   

Take Plex everywhere

Watch free anytime, anywhere, on almost any device.
See the full list of supported devices