TV-14
Serie de época ambientada en 1898 en Ourense que conta a través de tres clans familiares a historia de Galicia: os fidalgos, co marqués á fronte; a familia de médicos que vén de Madrid e os campesiños e criados. Cun pazo e un spa como escenarios, a trama está chea de intriga, de segredos e de amores imposibles entre clases, aderezada cunha homenaxe a Pepa a Loba, a última bandoleira europea.

Where to Watch Lobos e Cordeiros • Seizoen 1

15 Episodes

  • Capítulo 1
    A1
    Capítulo 1A familia Mendoza chega desde Madrid a Viguña despois de apropiarse do balneario da vila. Así comeza un enfrontamento entre eles e a familia do Marqués de Miño, que pretendían poñer eles a andar o negocio. No mesmo tren chega Marta Souto -que arrastra un pasado despoñecido- para encargarse da educación do fillo do marqués.
  • Capítulo 2
    A2
    Capítulo 2O marqués quere expulsar os Mendoza, para iso ten que correr o sangue na vila de Viguña. Tras un asasinato, a investigación que inicia o capitán Bermúdez apunta como responsable a Pepa a Loba. Semella que só unha muller pode contar a verdade. Outra historia verdadeira que sae á luz é o motivo da melancolía que ten a Aurora en cadeira de rodas. Un amor que acabou, como se cadra ten que acabar o de Helena e Mario, pois así o recomendan todos.
  • Capítulo 3
    A3
    Capítulo 3Mario é aceptado nunha escola de arte. Buscar a inspiración dos seus debuxos en Helena pode traerlle aínda máis problemas agora que o capitán Bermúdez quere comezar a cortexala. Cando o marqués sabe que os Mendoza volven ter liquidez para continuar coas obras do balneario, desconfía da súa muller. Co que non conta é con que alguén do pazo está a colaborar tamén coa súa inimiga, Pepa A Loba.
  • Capítulo 4
    A4
    Capítulo 4A inauguración do balneario é inminente. Só un home pode evitala: don Marcial. Pero os seus plans poden ir aínda máis alá, porque en Viguña nada ocorre sen que el o saiba. O marqués acaba de aceptar que a súa filla Helena sexa cortexada polo capitán, xusto agora que Mario pode meterse en graves problemas con el por axudar os labregos fuxitivos.
  • Capítulo 5
    A5
    Capítulo 5
  • Capítulo 6
    A6
    Capítulo 6
  • Capítulo 7
    A7
    Capítulo 7
  • Capítulo 8
    A8
    Capítulo 8
  • Capítulo 9
    A9
    Capítulo 9
  • Capítulo 10
    A10
    Capítulo 10
  • Capítulo 11
    A11
    Capítulo 11
  • Capítulo 12
    A12
    Capítulo 12
  • Capítulo 13
    A13
    Capítulo 13
  • Capítulo 14
    A14
    Capítulo 14
  • Capítulo 15
    A15
    Capítulo 15

Get Plex on Your Devices

Free on 20+ platforms. Pick yours.
See all supported devices →