SerramouraTemporada 5

TV-14
A tranquilidade de Serramoura vese alterada coa chegada dun investigador de métodos agresivos, que para descubrir quen matou a Mónica Triáns deberá lidar cos impenetrables e enigmáticos habitantes desta vila.

Todos gardan algún segredo, e tamén algunha razón para cometer ese crime horrendo. Mónica sabía demasiado das loitas polo control da madeira que manteñen os Fiúza e os Soutelo, as familias máis poderosas da vila.

Where to Watch Serramoura • Temporada 5

21 Episodes

  • Ten dereito a gardar silencio
    E1
    Ten dereito a gardar silencioMarga continúa en problemas. E é que atopar unha chea de sangue na casa de Toño e que Inés estea desaparecida non son novas de bo agoiro. Por outra banda, no cuartel, Diego e Quique teñen pistas sobre o caso de Fernando, e todo apunta a que os seus amigos tiveron algo que ver na súa morte. Despois de conseguir que Evaristo e Raquel romperan, dona Teresa céntrase en impedir que o novo serradoiro comece a súa actividade.
  • Entre reixas
    E2
    Entre reixasA sarxento Neira xa está en prisión e as probas que están saíndo á luz sobre a desaparición de Inés son irrefutables. Marga atópase nunha situación en que é difícil defender a súa inocencia. Mentres, Tomás e Diego están facendo todo o posible por dar cunha pista que a axude a probar a teoría de que todo é unha trampa.
  • O inimigo na sombra
    E3
    O inimigo na sombraOs esforzos que se fixeron nos últimos días no cuartel de Serramoura para poñer en liberdade a Marga están dando resultados. Bea e Quique atoparon unhas imaxes que proban que Inés continúa con vida, polo que Tomás fará unha chamada esixindo a liberación da sarxento Neira. Con todo, uns piratas informáticos teñen como obxectivo realizar un ataque contra os datos almacenados no cuartel, o que porá en perigo todas as investigacións.
  • Outro espello para Alicia
    E4
    Outro espello para Alicia
  • Eles
    E5
    ElesMarga fugouse da prisión, pero a súa situación non mellorou. De feito, a organización secreta que quere acabar con Bolaño séguelle a pista moi de cerca e a súa vida segue a correr perigo. No cuartel, Diego está cada vez máis desesperado intentando atopar unha solución á situación de Marga e comeza a ver sospeitosos por todas partes, incluso entre os seus compañeiros. Mentres tanto, o caso das Alicia sufriu un novo revés.
  • Cría corvos
    E6
    Cría corvos
  • Busca e captura
    E7
    Busca e capturaO plan de Marga para enganar á tenente Cerqueiro e quedar libre sen matar a Bolaño parece que funcionou, e todo indica que a normalidade está a piques de volver á vida da sarxento Neira. Pero Cerqueiro é can vello e non quere deixar cabos soltos. Esta semana en Serramoura faralle unha proposta a Marga. Mentres tanto, Diego e Quique conseguiron que a suposta Alicia comece a contar a verdade e xa teñen algo máis de información para atopar o lugar no que Elías mantén retida a Noa. Bea non dubida en tomar boa nota e informar tanto a Cerqueiro coma a Abel dos movementos de Diego e Quique. Pero cando Bea non consegue contactar con Abel sabe que algo vai mal e non dubida en actuar pola súa conta. Na vila, o prestixio dos Soutelo está polo chan. A manobra de Evaristo foi todo un éxito e Teresa non se recuperou da traizón de Hugo. O que non é quen de imaxinar é que a noticia vai afectar de xeito especial ao serradoiro. Mentres tanto, Gloria segue adiante co negocio que ten entre mans e para iso chega o seu socio a Serramoura, Mateo.
  • Dille a Marga que a quero
    E8
    Dille a Marga que a queroCerqueiro segue empeñada en acabar coa sarxento Neira e co sarxento Bazán, pero non o vai ter doado. Marga e Diego conseguiron poñerse a salvo e gañar algo de tempo para pensar como saír desta. Contan cun aliado de excepción: Peixe. No cuartel, todos os efectivos están baixo as ordes de Cerqueiro cunha misión moi clara: atopar e deter a Marga e a Diego. E isto afecta directamente ao caso das Alicias. Mentres tanto, Bea recupérase da agresión que sufriu de Elías, e ten moi presente que o que toca é fuxir. Pero antes ten que axudar a Abel, gravemente ferido. Na vila, Marga consegue falar con Raquel e poñelos en alerta: corren un grave perigo e teñen que fuxir sen pensalo nin un segundo. Rápidamente, Raquel e Moncho buscan axuda, e non dubidan en acudir a Evaristo. Pero en Serramoura as cousas só poden empeorar.
  • Terra de lei
    E9
    Terra de leiTras o tráxico desenlace do último capítulo, coa morte de Marga, Serramoura convértese nunha vila en que os criminais sementan o caos, perturbando a vida de todos os veciños. Os Neira están a revivir a dor que pasaron coas outras traxedias da familia, pero cada quen polo seu lado. Raquel marchou con Ramón para a cidade e Moncho non consegue erguer o ánimo.
  • Ollos que non ven
    E10
    Ollos que non ven
  • Ás costas da lei
    E11
    Ás costas da lei
  • Perdendo a cabeza
    E12
    Perdendo a cabezaRivas prepara unha terapia de choque para que Diego volva ser o axente cabal que era antes da morte de Marga. Pola súa banda, Tomás segue facendo e vendo cousas que non teñen sentido e, nesta ocasión, presenza un tiroteo no río. Ademais, logo de que o plan de Gloria para afundir a Teresa e Evaristo saira á perfección, será a nova madeireira estrela de Serramoura. Pola contra, o resto de forzas vivas pasan por un dos peores momentos da súa vida. Evaristo perdeu cartos a esgalla e Teresa está tan afundida na miseria que non pode facer fronte ás débedas. Santos non desaproveitará a ocasión para propoñerlle un negocio.
  • Cando apagues a luz
    E13
    Cando apagues a luzQuique descobre que a persoa que alugou o coche a nome de Tomás é coxa e, cando intenta contactar co afectado, encontra unha nota de suicidio que parece ser do propio Tomás. No cuartel ninguén considera que tivese motivos para acabar coa súa vida, agás Rivas, que lles dá un ultimato a Diego e Quique: se non atopan nada novo del, darao por morto. O que non saben é que Tomas segue vivo. Atrapado na sala de festas é testemuña directa do plan de Ricardo para acabar con el e co seu antigo equipo. Na vila, Evaristo sorpréndese cando Hugo o informa de que roubaron a madeira do monte infectada polo nematodo e sospeita que Teresa ten algo que ver. Por outra parte, como a conexión entre Santos e Rivas, o amor continúa. Tras pasar unhas horas na vila, Raquel volve á cidade, onde un compañeiro a convida a unha cea romántica.
  • De entre os mortos
    E14
    De entre os mortos
  • Os problemas son para mañá
    E15
    Os problemas son para mañá
  • Alguén ten que pagar
    E16
    Alguén ten que pagar
  • Noite de lobos
    E17
    Noite de lobos
  • Déixame marchar
    E18
    Déixame marchar
  • O pasado que nunca pasa (1ª parte)
    E19
    O pasado que nunca pasa (1ª parte)
  • O pasado que nunca pasa (2ª parte)
    E20
    O pasado que nunca pasa (2ª parte)
  • Conta comigo
    E21
    Conta comigo

Get Plex on Your Devices

Free on 20+ platforms. Pick yours.
See all supported devices →