

Padre CasaresTemporada 2
TV-PG
The life of a young Priest in a small Galician village.
Where to Watch Padre Casares • Temporada 2
13 Episodes
- RuandaE1
RuandaOs veciños da vila de Louredo xa senten, de feito e de fe, como hai un antes e un despois desde a chegada do novo párroco, van vivir abraiados o momento en que o Padre Casares lles expoña a súa decisión sobre marchar ou non da vila, para poñerse a dispor do que é a súa verdadeira vocación, ser misioneiro. Pero finalmente algo sucederá... - O moisés de LouredoE2
O moisés de LouredoAlgo moi gordo tivo que suceder para que o xa ex párroco de Santo Antonio de Louredo decidira regresar. Pero se dous curas eran demasiados en Louredo, agora a cousa complicarase aínda máis; non debemos esquecer que a vila xa ten novo párroco. Por outra banda, o oficiosamente ex concello de Louredo ten un importante asunto pendente: necesita un novo nome no padrón - No LimboE3
No LimboUn bebé foi abandonado na casa do cura de Louredo e Horacio Casares, antes párroco da vila, vese na obriga a regresar. Pero, quen son os proxenitores do pequeno? Na localidade hai teorías para todos os gustos, aínda que moitos son os que xa botaron a lingua a pacer e adxudicáronlle a paternidade ao Pater máis famoso da TVG. O tempo corre rápido estes días en Louredo, un bebé, de pais descoñecidos, vaga entre entre dous limbos; o legal e o teologal. Delmiro aboga por rescatalo do primeiro e Crisanto do segundo; establecer prioridades xa é outro cantar. Mentres o concello e a parroquia pelexan pola tutela do neno, Horacio Casares investiga a orixe do pequeno;alleo aos comentarios que sobre el corren como a pólvora pola vila. - Sodoma e LouredoE4
Sodoma e LouredoDemasiados cambios para unha vila tan pequena como Santo Antonio de Louredo. Primeiro a historia do bebé abandonado, aínda sen aclarar; e agora, a saída do armario dun veciño da vila. A vida na parroquia adáptase á actualidade a marchas forzadas. Novas demais para os veciños máis tradicionais, e temas de conversación para os máis cotillas da localidade. Santo Antonio de Louredo aínda non se repuxo da sorpresa que supuxo o achádego dun bebé ás portas da casa do cura. O rapaz, aínda que moitos non o saben, chamarase Antonio. Agora o padre Casares intenta convencer a Fina para que confese, sen ningún temor, que ela é a nai do neno. Difícil tarefa, sobre todo, se se ten en conta que Fina é a filla de Puri, a veciña máis cotilla e intransixente de Louredo. A pobre Puri, aferrada as súas tradicións e regras morais, non pode imaxinar a que se lle ven enriba. Se non quería unha cunca de caldo, agora tomará dúas. Á historia da maternidade da súa filla súmase agora outra nova familiar: o descubrimento accidental da homosexualidade de seu fillo; outro tema máis para a polémica en Louredo - Josito sancristanE5
Josito sancristanBúscase sancristán para pequena vila mariñeira, con freguesías singulares. Cecilia despediuse e a parroquia necesita, de maneira urxente, unha persoa que se encargue de axudar o párroco nos seus labores. A sorpresa chegará cando Josito, despedido polo seu cuñado -o alcalde- nun arrebato dos seus, cambie o concello pola igrexa. Para uns, unha traizón; para outros, un auténtico perigo. Mentres tanto Louredo sóbese, unha vez máis, ao carro da modernidade. O centro social planea un curso sobre planificación familiar. Dirixido pola encantadora Maite, o curso resulta especialmente atractivo para algúns veciños; non así para o sector máis tradicional da vila - Santa Rita, o que se da...E6
Santa Rita, o que se da...O padre Casares e a vila de Santo Antón de Louredo van vivir hoxe unha xornada extraordinaria ao fío da actualidade, xa que van participar nun conto que está a circular por toda Galicia para celebrar o mes das Letras Galegas: a vila de maior éxito televisivo non podía quedar allea á efeméride cultural e ata ela vai chegar a caravana de O contador, a campaña institucional que botou a andar por todas as vilas galegas e que consiste na reconstrución dun conto en cadea co obxectivo de detectar diferenzas dialectais. Pois ben, o padre Casares vai ser un dos que non perdan esta oportunidade, como tampouco os fregueses de Louredo, que cando entren no Contador e preman o play van levar máis dunha sorpresa... Amais, intentando axudar aos máis necesitados da vila, Amelia e Horacio decátanse de que os petos do santo foron forzados e están baleiros, chegando á conclusión de que hai un ladrón en Louredo. Doutro lado, a doazón dos libros que D. Crisanto tiña no faiado fará que este se enfronte a Delmiro poñendo á vila e á muller do alcalde en contra de Delmiro. - A ovella perdida e atopada en LouredoE7
A ovella perdida e atopada en LouredoSanto Antonio de Louredo converteuse nun punto negro no mapa automobilístico. O motivo: a crecente falta de pericia de don Crisanto ao volante. O sacerdote maior non é consciente da súa falta de reflexos e os veciños decidirán poñer freo á situación, polas boas ou polas malas. As autoridades non poden facer nada porque o ex párroco conduce un coche dos que non necesitan carné. Cal será a solución? Os espectadores da Televisión de Galicia vivirán en directo unha traxedia nova na vida de Elsa: a fuxida, monte arriba, de Blanquiña, a súa ovella favorita; suceso que provocará a mobilización das forzas vivas de Louredo para buscar o animal extraviado. Unha grande historia de tenrura e solidariedade pero ao estilo de Santo Antonio de Louredo... - Líbranos de peste e malesE8
Líbranos de peste e malesOs veciños de Louredo enfróntanse a unha epidemia de gripe. A vida da pequena vila mariñeira verase moi alterada pola enfermidade. Os veciños terán que organizarse para evitar o caos. Un brote de gripe ameaza a vida tranquila de Santo Antonio de Louredo. Os veciños caen como moscas co virus. O problema chegará cando o funcionamento correcto de certas institucións perigue a causa das baixas, porque hai cousas imprescindibles para a vida de Louredo: a parroquia, o Concello e, por suposto e por diante de todas, o bar. - Deixade que os vellos se acheguen a minE9
Deixade que os vellos se acheguen a minOs despistes de don Crisanto seguen a provocar inquedanza na vila tranquila de Santo Antonio de Louredo, onde ao comezo dunha misa vai haber un accidente. Ao cura préndeselle a cabeza cun misto co que estaba a acender os cirios, polo que a misa queda posposta e vense na obriga de pechar a igrexa...Pero a cousa non para aí, pois decátanse de que unha das freguesas non quere marchar: trátase de Asunción, unha anciá que acode á igrexa como refuxio pola soidade que sente na súa casa. O feito dá pé para que o cura e a mestra lle falen a Delmiro de intentar crear un servizo de atención e compaña para persoas maiores. - Que ven o bispoE10
Que ven o bispoPor fin, Santo Antonio de Louredo recibirá o bispo en visita oficial. O xefe de Horacio Casares e de don Crisanto recibirá unha benvida ao máis puro estilo da afamada localidade. Os veciños prepáranse para o evento. Uns a favor e outros en contra da visita, todos se empregan a fondo para facer deste día "unha data inesquecible". A visita do prelado prodúcese nun momento clave para a vida política do municipio. Aproxímanse as eleccións e Josito decátase de que Delmiro non cumpriu con ningunha das propostas feitas na campaña anterior, polo que a tensión no Concello pódese cortar cun coitelo... pero ao alcalde ocórreselle unha solución para cumprir polo menos cunha das súas promesas: construír un polideportivo. Mentres, Delmiro e Josito elaboran polo miúdo unha campaña particular e descobren a necesidade de pactar coa igrexa. - Polas ánimas do purgatorio!E11
Polas ánimas do purgatorio!A celebración de eleccións municipais servirá como punto de partida para a que promete ser a temporada máis delirante da coñecida produción galega. No episodio desta noite, titulado "Polas ánimas do purgatorio!", o día da inauguración do polideportivo de Louredo, don Crisanto cae enriba do peto de ánimas e rómpeo. As eleccións achéganse e a vila está cada vez máis dividida. Lidia anima os veciños a presentarse como oposición a Delmiro. Ante a súa negativa, é ela quen se presenta. Sindo visita a Horacio porque se sente só. Delmiro contraataca a candidatura de Lidia subornando a Santi para que a abandone e entre na súa. Ante os problemas con Sindo, Lidia abandona a campaña. Todo lle sorrí a Delmiro, mais cando Moncha sabe das súas trapalladas, cóntallo a don Crisanto, que será quen finalmente compita con Delmiro pola alcaldía de Louredo. - Vota don Crisanto!E12
Vota don Crisanto!En Santo Antonio de Louredo comeza a campaña electoral máis agardada en moito tempo, cando o actual alcalde, Delmiro, parece atopar a solución para que don Crisanto abandone a súa candidatura: un inspector avaliará se o cura está en condicións ou non de presentarse ás eleccións. De momento, os candidatos celebran mitins e mesmo acordan un debate entre eles, pero Horacio insiste na idea de que don Crisanto non se presente ás eleccións e pídelle axuda ao bispo, quen visitará Louredo cun inesperado acompañante. Doutro lado, Conchita, unha freguesa de Tapeirán, comeza a frecuentar a compaña de Horacio Casares e os rumores dispáranse na vila porque todos cren que están amigados, mesmo o home de Conchita.