
Matalobos
Temporada 3
MATALOBOS is the name of a familiar clan that lives in Sardiñeira, an offshore small town of Galiza. Sardiñeira It is a calm place, with a pleasant climate and that experienced a grain demographic and town-planning growth us last years: sportive, houses of magazine to the shore of the sea, luxurious parties and a gun always under the mattress... They will be to the agenda. Because in the small town there will be five families put in the narcotraffic on a large scale: powerful clans, but that also have relentless enemies that will do them front: two women, a judge and a lawyer will go backwards of them.
Where to Watch Matalobos • Temporada 3
13 Episodes
- Todo segue igualE1
Todo segue igualCinco anos despois de entrar na cadea, a Sardiñeira que Carmelo recorda xa non existe. Os Veloso controlan o negocio das drogas e o pouco que queda dos Matalobos sobrevive como pode. Malia que a atención da Garda Civil está centrada no clan que dirixen Mateo e Vanesa, a saída da cadea de Carmelo colocará ao capitán Táboas trala pista dun caso que parecía pechado: o asasinato de Sara Campos e Marcos Matalobos. Cinco anos despois de perdelo todo, Carmelo está preparado para cumprir a promesa que lle fixo á nai e recuperar o que era seu. - Inimigos do lesteE2
Inimigos do lesteCarmelo sabe xogar as súas cartas. Oculto baixo a pantalla que lle proporciona o Ruso, o seu aliado secreto, fíxose cun cargamento de cocaína dos Veloso e xa está a preparar o seguinte movemento. Tanto Mateo como a Garda Civil andan tras os pasos do sicario sen sospeitar quen é o que move os fíos. Pero non todo son boas novas para o xefe dos Matalobos. O que sabe é case tanto como o que lle ocultan. En Sardiñeira as ameazas sempre se agochan na sombra e desta vez Carmelo pode telas máis perto ca nunca. - Para os nenos de ColombiaE3
Para os nenos de ColombiaO derradeiro intento de Mateo de recuperar o seu cargamento pola forza acabou con Pincho secuestrado. Mentres o Ruso ameaza con desfacerse do sicario, Lino preme ao xefe dos Veloso para que pague o prezo pola droga se non quere espertar a ira de Adriana. O que ninguén imaxina é que o plan de Carmelo pasa precisamente por atraer á colombiana de volta a Sardiñeira. - Convivencia pacíficaE4
Convivencia pacíficaOs esforzos de Seijas para conseguir máis información sobre os Matalobos están a pór en risco a misión de Irene -a sarxento Alba Varela- como infiltrada no clan dos Matalobos. Coa guerra entre os clans a piques de se desatar, Adriana Calderón é a única persoa que pode forzar a paz. - Nais e fillosE5
Nais e fillosA tregua imposta por Adriana ten unha condición. Carmelo necesita presentar un novo método para introducir a droga en Sardiñeira e, se non o consegue, a colombiana deixará que Mateo se vingue dos Matalobos. Entrementres, a doenza de Dona Carme empeora, e podería pór en perigo a seguranza do clan. - Envíos urxentesE6
Envíos urxentesCarmelo está de volta no negocio: Conseguiu manter a tregua e o sistema de envío da droga mediante o servizo de entregas resulta eficaz e seguro. Porén, grazas á información privilexiada que lles proporciona a sarxento Varela, a Garda Civil traballa por primeira vez uns pasos por diante dos Matalobos. - Volve á casaE7
Volve á casaO asasinato de Walter Correa, un inmigrante colombiano, pon a Seijas tras a pista da Fundación Esperanza Latina e dos programas benéficos impulsados por Adriana. Carmelo trata de convencer á colombiana para experimentar un novo sistema, as mulas , ao tempo que trae a Claudia e Lois de volta a Sardiñeira.